1. As moléculas do olor en forma de vapor (compostos químicos) que están a flotar no aire chegan ás fosas nasais e disólvense nas mucosidades (que se sitúan na parte superior de cada fosa nasal).
2. Debaixo das mucosidades, no epitelio olfactivo, as neuronas receptoras do olfacto, detectan os olores. Estas neuronas son capaces de detectar miles de olores diferentes.
3. As neuronas receptoras do olfacto transmiten a información aos bulbos olfactivos, que se encontran na parte de atrás do nariz.
4. Os bulbos olfactivos teñen receptores sensoriais que en realidade son parte do cerebro que envían mensaxes directamente a:
* os centros máis primitivos do cerebro onde se estimulan as emocións e memoria.
* centros "avanzados" onde se modifican os pensamentos consciente.
5. Estes centros cerebrais perciben olores e teñen acceso a recordos que nos traen á memoria persoas, lugares ou situacións relacionadas con estas sensacións
PRINCIPAIS ENFERMIDADES:
Hiposmia: é a reducción da capacidade de detectar olores.
Anosmia: é a perda do olfacto. Un dos primeiros síntomas na súa detección é que as persoas que a padecen non senten o sabor das súas comidas e encontran toda substancia insípida.
Sinusite: acontece cando a mucosa dos senos paranasais se inflama.
Algúns dos seus síntomas son fortes dores de cabeza e fluído constante de secrecións purulentas. Usualmente maniféstase cando despreocupamos un resfriado.
Rinite: afecta á mucosa nasal e dependendo da época, pode ser un síntoma de alerxias.
Pólipos: son tumores benignos que aparecen nas membranas das mucosas irritadas, xeralmente por resfriados frecuentes. Cando estes obstrúen a foxa nasal ou producen dor, deben ser extraídos mediante unha intervención cirúrxica.
Podemos observar a grandes trazos tres grupos de danos ao olfacto
Danos químicos: débense a productos químicos que poden producir efectos temporais ou permanentes.
Cambios do tecido: pódense deber a enfermidades, atrofia, etc.
Factores físicos: inclúen o dano mecánico, (operacións) e alteracións no cerebro por golpes
No hay comentarios:
Publicar un comentario