viernes, 26 de abril de 2013

O SENTIDO DO TACTO

O sentido do tacto e aquel que permite os organismos percibir cualidades dos obxectos e medios como a presión, temperatura, aspereza ou suavidade, dureza etc. Áchase principalmente na pel, órgano no que se encontra diferentes clases de receptores nerviosos que se encargan de transformar os distintos tipos de estímulos do exterior en información susceptible (sensible) de ser interpretada polo cerebro. A pel se divide en tres capas que son a epiderme, derme e a hipoderme. Principalmente o tacto se encontra na pel pero tamén encontramos terminacións nerviosas internas do organismo, podendo percibir os altos cambios de temperatura ou a dor. Polo que é un dos máis importante dos cinco sentidos permitíndonos percibir os riscos para a nosa saúde tanto internos como externos. A parte que goberna o tacto no cerebro é o lóbulo parietal.


PRINCIPAIS ENFERMIDADES:


Acne: É unha enfermidade que afecta a un 85% da poboación adolescente pero pode aparecer en calquera momento da vida segundo factores xenéticos, hormonais, laborais ou psicolóxicos, tanto en homes coma en mulleres. Empeza a manifestarse entre os 10 e 14 anos e sempre merece atención. Erroneamente considérase algo "da idade" e a enfermidade avanza mesmo chegando a producir cicatrices permanentes. En adultos en tanto, a acne pode ter relación con trastornos hormonais da muller. Debería ser tratado de forma adecuada polo dermatólogo quen indica o tratamento correspondente a cada paciente.

Psoríase: A psoríase é unha enfermidade frecuente que se caracteriza pola aparición de placas vermellas con escamas brancas, secas, que poden comprometer a pel, o coiro cabeludo e as uñas. A súa causa é descoñecida. Non é contaxiosa e afecta por igual a homes e mulleres, de calquera idade.


Espullas: É unha infección viral (papiloma virus) que se transmite por contacto directo pel a pel e depende directamente do estado inmunolóxico de cada persoa o cal varía segundo diferentes condicións tales como enfermidades debilitantes, estrés ou depresión. Sempre deben ser tratadas e poden afectar a nenos e adultos, en calquera parte do corpo. Se non se tratan poden seguir aumentando en número e tamaño ao longo dos anos.



 Fungos: Os fungos son microorganismos que producen enfermidade no home cando conseguen penetrar ou vencer as barreiras defensivas naturais da pel. Poden afectar a nenos e adultos e localízanse na pel, pelo, ou nas uñas. Nalgúns casos é transmitido en duchas públicas cando non se toman medidas de precaución. Débese consultar sempre ao dermatólogo quen indicará o tratamento axeitado. É unha enfermidade contaxiosa.
 

 Dermatite: Este termo refírese á inflamación da pel por diferentes causas que provocan arrubiamento, grans e moita comechón (irritación). Pode ser por axentes externos irritativos como xabóns ou deterxentes, ou por substancias que provocan alerxia que deben ser investigados por un dermatólogo. Se non se trata esténdese a todo o corpo, podendo confundirse con outras enfermidades.



 Lunares: Son tumores benignos derivados dos melanocitos (células que producen o pigmento da pel) moi frecuentes, que poden aparecer dende o nacemento ata a vida adulta de acordo a factores xenéticos e exposición solar. Son pequenas manchas ou elevacións de cor café que se sitúan en calquera parte do corpo. Se os nosos lunares presentan cambios (asimetría, bordos irregulares, cores variadas) debemos controlalos inmediatamente co dermatólogo,


 Rosácea: A rosácea é unha infección frecuente que compromete os vasos sanguíneos da pel da cara causando que se poñan loiros e a súa inflamación. A súa causa é descoñecida.



 Cancro de pel: A súa causa está claramente relacionada á exposición aos raios ultravioletas provenientes do sol. O seu diagnóstico ás veces é tardío xa que inicialmente se confunden con "lunares" ou con outras condicións consideradas sen importancia polo paciente xa que son de tamaño pequeno. Recoméndase consultar ao dermatólogo ante a aparición de calquera lesión nova na pel.


Trastornos do pelo e uñas: As enfermidades que afectan ao pelo e as uñas son un motivo de consulta frecuente para o dermatólogo e teñen unha grande importancia polo impacto psicolóxico que provocan nos que as padecen. Respecto ao pelo hai enfermidades que causan a súa caída. Por outra parte hai casos de crecemento excesivo de pelo como a síndrome do ovario poliquístico ou outros tumores. As uñas pódense ver afectadas por infeccións. Débese consultar sempre a un dermatólogo.



Urticaria: A urticaria consiste en áreas vermellas da pel, inflamadas, que pican moito, cuxo tamaño e forma pode variar en poucas horas, aparecendo en calquera parte do corpo. Aproximadamente o 25% da poboación ten un episodio de urticaria polo menos unha vez na vida. Nos nenos, os alimentos ou as infeccións virais como un resfrío poden desencadear urticaria aguda. O tratamento consiste en antihistamínicos e eliminar a causa en caso que se identifique.







No hay comentarios:

Publicar un comentario