lunes, 22 de abril de 2013

O SENTIDO DO GUSTO


O sentido do gusto encóntrase na lingua. A lingua é un órgano musculoso ubicado dentro da boca. A sensación que un alimento produce no sentido do gusto chámase sabor.
Os alimentos poden ser doces ou salgados, ácidos ou amargos. Detectar eses sabores é a función das papilas gustativas na boca.
O gusto actúa por contacto de sustancias químicas solubles coa lingua.
A lingua presenta unhas estructuras, denominadas papilas, que lle dan ese aspecto rugoso. Nelas encóntrase os botóns gustativos, onde se asenten os quimiorreceptores (Receptores que captan certos estímulos químicos) xunto coas células epiteliais (Células que axudan a eliminar sustancias extrañas). Para recibir un sabor requírese estimular as células receptoras do gustopo os corpúsculos gustativos. Os corpúsculos gustativos son os receptores do sabor e están ubicados arredor das papilas gustativas. Unha vez estimulado o corpúsculo gustativo iniciase o impulso nervioso que é conducido por terminacións sensitivas ata os nervios faciais e a través de eles vai a medula espiñal, o tálamo e alí o cerebro, onde no lóbulo pariental da cortiza, emítese como resposta a sensación gustativa.
Para a captación do sabor é necesario que o sentido do olfacto este san, xa que os alimentos desprenden gases que estimulan a pituitaria, desencadeando unha sensación olfactiva que reforza a sensación gustativa. Se cando probamos un alimento, tapamos a nariz, observaremos que a intensidade do sabor diminúe.
Principais enfermidades do gusto 
  • Ageusia é a pérdida ou reducción do sentido do gusto.
  • Disgeusia este trastorno distorsiona o gusto dos alimentos e bebidas inxeridas.
  • Hipogeusia refírese a escasa capacidade de degustar e diferenciar os sabores básicos





No hay comentarios:

Publicar un comentario